Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SndmKXvB4lk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]De todos os vídeos e presentacións didácticas que ven publicando Trafegando ronseis (un dos meus preferidos do blogomillo) de loita contra violencia machista (máis dun centenar) escollo no día de hoxe esta peza, «Vive o muere», primeiro premio de «- es +», un proxecto que trata de concienciar aos adolescentes sobre esta cuestión.
A única posibilidade que vexo de superar a longo prazo esta lacra da violencia contra as mulleres é acometer un traballo educativo en profundidade que axude a desbotar os patróns machistas de relación entre os mozos e as mozas. Sei que non é doado, mais debemos intentalo con toda a convicción. Para iso quizais poden axudar efemérides como a que celebramos hoxe.


Magóanos a noticia do 
Recibo con alegría o anunció da convocatoria do
O programa, como na 







