Vinte e cinco
/en Política, Vigo/por bretemasCase todos os anos imos a Compostela o vinte e cinco. Onte foi un dos mellores que recordo, e non só porque a Quintana estivese ateigadiña e o discurso fose magnífico e esperanzador (gustoume moito a sucesión de metáforas coa que rematou: Curros, Novoneyra, Celso e Novoneyra de novo, “… a forza do noso amor non pode ser inútil”), se non e, sobre todo, porque no Festigal (cada ano consolídase máis) se percibía alegría e disposición a emprender unha ilusionante nova tirada.
Satisfacción que non ocultaba, en varias conversas que tiven, a enorme preocupación pola situación de Vigo. Non entendo as razóns que levan aos concelleiros nacionalistas vigueses a axudar a manter de facto a Corina (cos seus modos autoritarios) á fronte do concello. Temo que esta defensa numantina do Plan Xeral poida volverse coma un bumerang contra o BNG e erosionar gravemente a credibilidade do goberno conxunto. Para as executivas nacionais do PSdeG-PSOE e BNG é imprescindible endereitar esta deriva de Vigo.
Reconquista?
/en Festas, Vigo/por bretemasNon comparto a exaltación de “viguismo cantonalista” de pequena cidade estado que acompañou xeralmente a celebración da data da Reconquista, posición reaccionaria moi pouco acorde co espírito de acollida coa que se foi construíndo a nosa cidade. Nin considero que cómpra facer moito fincapé no heroísmo popular dos nosos devanceiros (mariñeiro Carolo e cego Casimiro incluídos) daquela viliña amurada de seis portas no seu empeño por expulsar as tropas do Mariscal Soult. Nin, moito menos, aproveitar a efeméride para realizar unha exaltación de glorias e enseñas militares doutrora (incluída esa bandeira da media lúa que aparece na foto enarborada o pasado ano Corina ou os pendóns restaurados que se entregarán ao Museo hoxe). Creo que hoxe o sentido desta efeméride do 28 de marzo vai por outros vieiros moito máis pacíficos e esperanzadores: o de que os vigueses e viguesas do século XXI reconquisten o degradado Casco Vello como un espazo identitario de encontro e convivencia. Velaí o sentido que pode e debe ter a Reconquista do futuro.
Paradoxos vigueses, a festa popular non se celebra hoxe, senón o vindeiro domingo. Alguén noutra cidade podería comprendelo?
Dúbidas co PXOM de Vigo
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasCidade escuálida
/en Vigo/por bretemasVerbum
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemasRoupa tendida
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemas
Rúa Poboadores. Vigo. Foto. J. Albertos
Campo de Granada
/en Artigos, Vigo/por bretemasSal
/en Vigo/por bretemasO xesto de Castrillo
/en Vigo/por bretemasA marcha de Castrillo non vai supoñer unha moción de censura, mais creo vai permitir que o BNG poida retomar a iniciativa perdida e acometer unha nova estratexia, seguramente máis vencellada á democracia cívica, consolidando, con tempo suficiente, o novo liderado municipal de Olveira.
O miolo do asunto está no que poida facer o PSdeG-PSOE diante deste xesto do Bloque, que semella pretende tender unha man dun entendemento municipal futuro en Vigo, ao tempo que visualizar a posibilidade real dunha alternativa progresista tras as eleccións autonómicas deste ano. Témome que o xesto será imperceptible ou irrelevante para Mariño, Blanco e Vázquez, persoas para as que unha Xunta coaligada sería un grave contratempo para os seus intereses. Unha cousa é o que se di e outra a que se fai.
Librarías galegas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Galaicofobia1 de Maio de 2024 - 12:50 p.m.
- Radio Vigo EAJ 4830 de Abril de 2024 - 1:52 p.m.
- Sant Jordi24 de Abril de 2024 - 12:46 p.m.
- Distrito industrial23 de Abril de 2024 - 10:43 a.m.
- Fútbol, o noso22 de Abril de 2024 - 10:34 a.m.