Entradas por bretemas

Premios AELG 2005

Onte á noite estiven na cea onde se deron a coñecer os premios da AELG 2005 aos mellores libros do ano nos eidos da narrativa, teatro, poesía, ensaio e tradución. Estes premios a obras editadas, concedidos en dúas quendas de votación por máis de douscentos escritores e escritoras, supoñen un importantísimo recoñecemento para os autores […]

Folga no metal

No artigo da semana reflexiono sobre a importante folga no metal de Pontevedra. Non teño dúbidas que amosa un profundo malestar social, sobre todo nos obreiros máis novos sometidos a condicións de grande precariedade, polas modificacións estruturais que, dende a reconversión de hai vinte anos, se veñen producindo nos estaleiros vigueses. Etiquetas: Artigos, Vigo, Metal, […]

Festa da cultura

Esta iniciativa de cortexo cívico, xa na terceira edición, é das máis bonitas e innovadoras para celebrar con toda a dignidade que se merece o 17 de maio. Con todo, a pesar do cambio de goberno e de esforzos illados como o que anunciamos, aínda non albiscamos mudanzas significativas na celebración dunha efeméride xa en […]

Pescanova, pescavella

Couselo explica hoxe moi clariño os termos reais nos que se dirime o conflito de Touriñán. Sobre Pescanova e sobre a crianza do peixes planos hai moito aínda que saber. Etiquetas: Galicia, Pescanova, Couselo

Libro aberto e clubes de lectores

Esta noite inicia a súa emisión Libro aberto, o agardado novo programa sobre libros e literatura da TVG. Polas noticias que temos o programa vai ser moi xeitoso e dinámico, con protagonismo importante dos clubes de lectores das bibliotecas. O programa de hoxe centrarase arredor de Corredores de sombra, a obra máis recente de Agustín […]

Blog de Xabier Docampo

Coñecín hoxe o blog de Xabier Docampo. Magnífico! É moi importante que os nosos escritores se vaian incorporando ao blogomillo. Semella que Xabier pretende aproveitar as posibilidades da textualidade electrónica. Recoméndoo vivamente. Etiquetas: Blogs, Docampo

"Contra Maquieiro", premio Losada Diéguez

Acollemos con ledicia a noticia da concesión do premio Losada Diéguez de creación 2005 ao último poemario de Ferrín. O xurado definiu a obra como “unha crónica lírico-sarcástica e comprometida co século XX e comezos do XXI na que o autor consigue harmonizar poesía, ficción, profecía e realidade social, cun perfecto equilibrio entre a técnica, […]

Campo do Fragoso XX

ORGULLO CELESTEOs dous mil celtistas arrecunchadiños nas bancadas de Riazor vivimos o sábado o partido máis feliz e emocionante que esta tempada ofreceu o equipo noso. Desta volta os celestes non se viron intimidados pola perigosa atmosfera do nordés que alí bate tan forte. Pola contra, saíron moi concentrados para conter con paciencia e disciplina […]