Entradas por bretemas

Xesús Manuel Marcos, Premio Terra de Melide 2007

Anunciouse hoxe o fallo do Premio de narrativa Terra de Melide 2007 no que participei como membro do xurado. A novela gañadora, A lúa dos everglades de Xesús Manuel Marcos, é un thriller cheo de intriga no que amodiño van converxendo tres historias moi emocionantes, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha mesma familia […]

Case perfecto: a primeira crítica

Montse Pena publica a primeira crítica de Case perfecto a última novela de Marina Mayoral. Eis un parágrafo do texto: “Case perfecto é tamén unha desas novelas que é complicado deixar de ler, que se devoran nunha ou dúas tardes. Os motivos non son outros que unha intriga ben dosificada (derivada de que ata as […]

Análises dos resultados das locais

Entre as moitas análises nos blogs e na rede dos resultados das eleccións locais en Galicia interesáronme unhas cantas que enlazo para o arquivo: Fernando Varela: “Ganadores y perdedores”. Camilo Nogueira: “Non teñen remedio”. X.M. Pereiro: “Resaca electoral 3: quen gañou?” Vigoblog: “El ganapierde electoral” Xabier Cid: “As mellores eleccións posíbeis”. Martin Pawley: “27-M en […]

Boys into books 11-14

Un espazo web moi interesante para coñecer os títulos recomendados e as estratexias de fomento da lectura para a etapa 11-14 polas autoridades educativas inglesas. O documento en PDF merece ser estudado de vagar (proporciona vieiros moi xeitosos para a dotación da biblioteca escolar e tamén para o traballo de editores, profesorado e responsables de […]

Xeración E Logo!

Esta iniciativa da SXPL é fermosa. Xa era de tempo de propoñer o nacemento como a primeira etapa normalizadora. Propostas de arrolos (todo un luxo de Espido, Mercedes Peón, Uxía, Xabier Díaz) escolma de nomes e outros materiais para celebrar aniversarios e seguir o libro da vida deben contribuír a mudar as actitudes das novas […]

Inhibición electoral

Entre tantas análises sobre os resultados electorais paga a pena reparar no alto nivel de abstención que se produciu en Galicia (un 37,03%, case catro puntos máis ca nas anteriores), unha cifra que supón que case un millón de electores galegos que tiñan dereito ao voto decidiron quedar na casa. Porcentaxe que é aínda superior […]

Profundizar no cambio político

Afeitos como estamos a escoitar os discursos autocompracentes dos responsables dos partidos, a ninguén pode extrañarlle que se manifesten igualmente satisfeitos cos resultados das locais. Unha cerimonia retórica que non pode agachar nin algúns importantes fracasos nin a consolidación das tendencias que se abriron tras as últimas autonómicas. O Partido Popular, a pesar do seu […]