Entradas por bretemas

Lectura e escola

Recomendo esta visión alentadora de Antonio Basanta sobre as relacións entre a lectura e a escola. Un alegato optimista da lectura, concibida coma unha vangarda para un desenvolvemento sostible. Unha moi razoada argumentación sobre a importancia das bibliotecas públicas e da necesidade de concibir as bibliotecas escolares como epicentro da comunidade educativa. Unha reflexión que […]

Updike, por vez primeira en galego

Na vindeira semana recibiremos os primeiros exemplares de Terrorista, a primeira novela de John Updike traducida ao galego, que aparecerá nas librarías ao mesmo tempo ca edición de Tusquets e Bromera. El Cultural (que como é adoito non anuncia as edición galega e catalana) publica esta interesante entrevista co moi respectado autor estadounidense. A tradución […]

Suso de Toro en Bos Aires

Débora fai unha magnífica crónica da presenza de Suso de Toro en Bos Aires. Complétase con estoutra (tamén interesantísima) entrevista en Vieiros. Está cada vez máis clara a necesidade de que os nosos autores e autoras teñan contacto directo coa Diáspora galega. É impresindible rexenerar este tecido que nos une no proxecto común da nación. […]

Sabas libro

Camilo xa nos descubrira a cama-libro. Agora grazas a Txetxu (vía Mikel Agirrebaria) sabemos das sabas libro. Non hai dúbida que a lectura é, para algúns, a cama é un bo reclamo para a lectura. Eu, con todo, prefiro para ler unha boa butaca, aínda que son capaz de ler en calquera sitio. Ben sería […]

Premios Xerais 2007, os finalistas

Hoxe demos coñecer os finalistas dos tres premios. No Xerais de novela serán “Cardume”, “A perspectiva desde a porta” e “Un sábado longo”; no Caixa Galicia de literatura xuvenil, “Da illa”, “Illa soidade” e “Jonathan é un delfín”; e, por último, no Merlín de literatura infantil, “Carabranca”, “Minimaladas” e “Mácara Nácara”. Sorte para todos! Etiquetas: […]

Manifestación polo traslado de Reganosa

Hoxe fun con Agustín Fernández Paz a Ferrol para participar na manifestación, convocada polo Comité Cidadadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, co obxectivo de reclamar o traslado de Reganosa fóra da ría e a posta en liberdade de Bastida, o patrón da confraría de pescadores de Ferrol. A protesta (moi numerosa, catro mil […]

Pérolas machistas franquistas

Pedro (sempre tan oportuno) envioume por ecorreo esta presentación que recolle algunhas das máis disparatadas pérolas machistas franquistas sobre a muller publicadas en libros de texto da época. Un documento didáctico que merece ser arquivado. (Recomendo para ler ou imprimir os textos premer en “On Slide Shere” e na nova ventá visionar a pantalla completa.) […]