Entradas por bretemas

Onte 1525: Culturgal 2015, clausura

Pechamos onte o Culturgal 2015 cun concerto de despedida de Pan de Capazo, apenas uns minutos de ledicia en tempo de desconto de trinta horas de bulir entusiasta. Comezou a primeira hora do domingo cunha programación na que se resume o espírito do que foi este Culturgal: no Salón de Actos, estreouse diante de varios centos […]

Onte 1524: Culturgal 2015, sábado, xornada grande

Foi o de onte outro gran sábado de Culturgal, onde o público familiar foi durante a tarde e o serán o grande protagonista. Os miudos asolagaron  Culturgal de ledicia e esperanza, fose nos concertos ou nos espazos de xogo creativo, onde gozaron de xoguetes e xogos tradicionais, que constituíron un éxito rotundo. É imposible resumir […]

Onte 1523: Culturgal 2015, xornada de apertura

Onte puxemos a rodar o Culturgal 2015, que completou a súa xornada de apertura coas visitas de escolares e as primeiras actividades nos diversos espazos. No acto institucional de apertura todos os catro intervinientes (Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Anxos Riveiro, concelleira de Cultura de Pontevedra; Román Rodríguez, conselleira de Cultura e eu […]

Onte 1522: Culturgal 2015 listo

Despois de moitos meses de preparación onte quedaron aqueladiño os espazos do Culturgal 2015. Estamos moi ilusionados e á espreita. Contaremos con case un cento de expositores e un programa con cento cincuenta actividades literarias, musicais, audiovisuais, dixitais, formativas e lúdicas para todos os públicos. Inevitablemente, montaxe tan complexa como a preparada polo equipo que dirixe Xosé Aldea produce […]

Onte 1521: Alberte Santos en Cartabón

Moi interesante foi onte a presentación na libraría Cartabón d’ O rebumbio dos vagalumes, a primeira novela do xornalista Alberte Santos Ledo. Entrevistado polo editor Pepe Carreiro, Alberte comezou confesando que na novela «pretendeu defender a capacidade de ser críticos con nós mesmos e facer cambios». «Na vida non hai treguas e cómpre decidir nas situacións de […]

Onte 1520: Día da dignidade

Fixéronse onte sesenta anos daquela proeza histórica de Rosa Parks que se negou a deixar a un branco a súa cadeira no autobús. Un comportamento que se forxou como modelo de dignidade, axudando a superar comportamentos e prexuízos racistas e a establecer modelos de igualdade real. Unha desas poucas accións históricas individuais que axudan a […]

Presume de Culturgal

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo ao Culturgal 2015 que abre as portas o vindeiro venres. Esta fin de semana celebrarase Culturgal 2015. Do venres 4 ao domingo 6 de decembro xuntaranse no Pazo da Cultura de Pontevedra máis de medio milleiro de creadores e creadoras para desenvolver cento cincuenta actividades e tres […]

Onte 1519: Debate polo centro

O debate de onte organizado por El País amosou que PSOE, Ciudadanos e Podemos dirixirán todos os seus esforzos de campaña en engaiolar ao «electorado de centro».  Como o feito de que non fosen convidados nin a IU-Unidad Popular de Garzón nin ningún dos partidos nacionalistas proba que os poderes mediáticos da corte pretenden reconducir a […]

Campo do Fragoso CLXIX

PEQUENA FOCHANCA Tras os tres últimos partidos, as derrotas co Valencia e Coruña e a vitoria apurada co Sporting, non hai dúbida que o Celta caíu nunha pequena fochanca. A pesar dos tres valiosos puntos, na noitiña do sábado a maioría dos xogadores de Eduardo Berizzo ofreceron unha imaxe borrosa, sobre todo na primeira media […]

Onte 1518: Os Xerais no Ateneo

As perdas da fin de semana adiaron a reseña do que foron as presentacións nas que participamos esta fin de semana. No serán do vernres celebramos da man do Ateneo de Pontevedra a presentación dos tres premios Xerais coa participación dos membros dos tres xurados. Unha sesión literaria excelente na que escoitamos seis intervecións moi […]