Encontro Blogs e Libros
O primeiro Encontro Blogs e Libros resultou un éxito. Xuntámonos case vinte blogueiros para conversar durante tres intensas horas sobre as relacións dos blogs cos libros (aínda que despois do falado sería mellor dicir “coa lectura”). Froito do encontro foi a constitución do Grupo Blogs e Libros e a convocatoria dun novo encontro, coordinado por Javier Celaya.
Este encontro informal desenvolveuse en base a tres grandes quendas de intervencións. A primeira de presentacións dos participantes (e das características de cadanseu blog). A segunda, o cerne da conversa, para abrir liñas de debate e repensar algunhas sobre a relación actual entre libros e blogs. A terceira, sen pretensións de elaborar conclusións, para organizar minimamente o grupo e preparar o seguinte encontro.
As liñas e temas de debate postos sobre a mesa foron moi numerosos. Entre outras, tomei notas das seguintes:
Este encontro informal desenvolveuse en base a tres grandes quendas de intervencións. A primeira de presentacións dos participantes (e das características de cadanseu blog). A segunda, o cerne da conversa, para abrir liñas de debate e repensar algunhas sobre a relación actual entre libros e blogs. A terceira, sen pretensións de elaborar conclusións, para organizar minimamente o grupo e preparar o seguinte encontro.
As liñas e temas de debate postos sobre a mesa foron moi numerosos. Entre outras, tomei notas das seguintes:
- As posibilidades comunicacionais e creativas da textualidade electrónica.
- A lectura como eixo central do novo modelo comunicacional.
- O concepto de literacidade electrónica.
- Cambio do rol do escritor, do editor, do libreiro e do bibliotecario.
- Mudanzas na intermediación entre o autor e o público.
- O problema da autoría: de individual a compartida.
- Como fomentar a conversa sobre os libros dende os blogs?
- A necesidade dunha literacidade crítica.
- A complementariedade entre os medios analóxicos impresos e os dixitais electrónicos.
- A modificación da cadea de valor: como elixir lectura e como se comercializa? Os cambios recentes en Amazon como novo paradigma.
- A “teoría da Larga Cola“: que libros hai detrás das listas dos máis vendidos?
- Google boks: oportunidade ou ameaza?
- O recurso máis escaso é a atención humana.
- As posibilidades da web semántica.
- As mudanzas na comercialización e distribución: cal é o futuro da libraría?
- Dereitos flexibles e fragmentación do contido dixital.
- Os prezos flexibles na nova industria cultural.
- Blogs e literatura.
Rematou o encontro cos acordos de dinamizar estes temas de debate nos blogs para completalas no wiqui e publicar unha nota de prensa que recollese os temas abordados.
Máis achegas sobre o Encontro:
Máis achegas sobre o Encontro:
- Txetxu Barandiarán.
- Juan Varela.
- Tökland (vídeos).
- Ángel María.
- El futuro del libro.
- Libreria Laie.
- Tombuctú.
- Tíscar (Lectura crítica).
- Cartafol de gardalivros.
- Detrás del viento norte.
Semella interesante.
Unha aperta.
🙂
Habería que pensar en algo así para o país…
Se hai un grupo de blogueiros e blogueiras con interese, podriamos organizalo. Un encontro monográfico de xente do blogomillo interesada na cuestión da lectura pode ser moi interesante. Desde aquí lanzamos a proposta.
Estou interesado na proposta malia vivir e traballar en Cataluña (ando a procurar o regreso).Poderiamos argallar un monográfico en data axeitada.
Fai moita falta outra iniciativa como ista para Galiza. Contade conmigo. A utilidade da Rede e os blogs para os textos en linguas coma a nosa e moito máis importante.