Xan Traba
Este agosto horrible, róubanos a outro grande amigo, Xan Traba Díaz. Entrañable e xeneroso onde os houbera, chamoume cando estabamos en Nova York. Entendín que era o seu derradeiro agasallo para nós. Obrigados, Xan. Sementaches moita luz e moita esperanza onde estivestes.
Expléndido o In memoriam de Fernando Franco. Non se pode dicir mellor o que tantos compartimos. Con todos os abrazos para Ana, Carlota e todos os seus.
A Xan Traba
Inmemoriam.
Seica estás nun lugar
onde a luz é presencia.
Onde non nace a noite.
Senón que morre.
Afogada en mareas de estrelas.
Á noite
a brisa é un sopro que arrecende a pan de luz.
No escuro, bañaraste no claror da
Vía Láctea.
A luz do faro está a chamar por ti.
Pequeno sol.
Estrela enorme.
Que ilumina o ceo baleiro
da nosa soedade.
Amara Orzania.
A nosa aperta,Amada.