Sobre as librarías
A cadea Barnes and Noble lidera o mercado das librarías novaiorquinas, deixando un espazo estreito para Borders e para algunhas outras cadeas especializadas en libro rebaixado. En todos os casos o modelo é semellante: integración da venda de libros, revistas, cedés de música, devedés de películas (unha oferta asombrosa comparada coa existente aquí), artigos de papelaría e deseño e, sobre todo, grande importancia para a cafetaría (espazo para o descanso e para o traballo wifi). O mesmo sucede coas tendas de Virgin, onde a música tenun peso enorme e onde a presenza do libro queda reducida á cultura pop. Non hai dúbida de que o modelo da nosa pequena libraría independente semella que desapareceu nos Estados Unidos.
Pareceume moi significativo que se rebaixen ao 70% libros de ficción editados hai menos de dous anos (eses falsos best sellers fracasados). Con todo, en Barnes and Noble nótase un esforzo importante por orientar ao lector. Gustoume moito a idea das “recomendacións críticas do staff” (cada un dos libreiros ou libreiras aposta por un libro, expresando a súa opinión). Velaí como se está abrindo paso a edición de Zafón.

Etiquetas: NY
Eu vin hai tres ou catro anos a tradución ao inglés da “Lingua das bolboretas” recomendada polo staff dun Waterstones en Londres, cunha etiqueta semellante e unha pequena recensión moi xeitosa. Foi emocionante polo inesperado e pola ilusión.
Muito bem!!!
Paréceme unha magnífica idea que poderían imitar moitas das nosas librarías…refírome, claro está, ás rexentadas por lectores e non por vendedores de libros que igualmente poderían estar vendendo laranxas da China.