Teresa Cristina
Onte na Feira, mentres Suso asinaba e asinaba, parrafeei un bo anaco con Pawley. Inevitablemente caimos a comentar as nas nosas querenzas musicais e literarias brasileiras. El recomendoume a Maria Rita e eu non puiden máis que aconsellarlle que abrazase o choriño da Teresa Cristina interpretando ao Paulinho da Viola (un dobre cedé xenial). A moza da Lapa ben merece todo o noso agarimo, a pesar de que os seus discos non se poidan mercar aquí. Hoxe volveremos á Coruña para acompañar a Manolo na súa primeira asinatura (agardamos con impaciencia a publicación da crítica prometida).
Etiquetas: Teresa Cristina
Tocará mañá, coa terceira entrega das crónicas feirantes. Hai que aforrar posts 😉
cuidado com os brasileiros. quem avisa amigo é…
…para ser precisos, creo que vai tocar o sábado.