Teimas
Aínda que non adoito participar en cadeas, recollo o fío que me propón Máis alá para expresar cinco das miñas teimas (todas sobre o libro e a escritura). Aí van, pois:
- Escribir as notas de traballo e de escrita sempre con pluma en cadernos pautados ou blogs verticais con espiral, que vou numerando e conservando na biblioteca (as miñas brétemas, que así é como hai tempo que chamo a eses cadernos, naceron así). Cubrín un par de Moleskines, que merquei en Italia, mais non son as que máis me gustan.
- Reforzar as tapas destes blogs con tarxetas postais que compro ou consigo alí onde vou.
- Dobrar os lombos dos libros encadernados en rústica en tres partes: primeiro cuarto, a metade e os tres cuartos. Gústame velos así usados nos andeis, cando remato de lelos.
- Subliñar parágrafos ou escribir á marxe comentarios sobre os libros e manuscritos que vou lendo. Resúltame inevitable, tamén, sinalar as grallas, sobre todo cando releo algún dos libros que editamos. Sempre leo cun pilot 0.5 vermello ou lila na man.
- Ordenar os libros de narrativa da nosa biblioteca pola orde alfabética dos apelidos dos seus autores. Moléstame, intimimamente, cando vexo un fóra de sitio, o que, a pesar do meu tesón, sucede moitas veces.
Propoño que sigan esta roda teimoso, se lles presta, cinco dos meus amigos blogueiros: Txetxu, Rogerio, Kavafinho, Lolo e Juan Blanco Valdés.
Vou procurar colocar uma mensagem no meu blogue amanhã sobre essa sugestão/proposta.
Hala, pois eu propoño o xogo das teimas ao almorzo:
Café só ou con leite?
Leite de vaca ou de cabra?
Colacao ou Nesquik?
Bolos ou tostas?
Tostas con manteiga e marmelada ou con aceite de oliva virxe extra?
Con mantel ou encol da mesa?
Apresa ou de vagar?
Etc, etc.
Obrigado, Brétemas, polo incitamento. Máis ca nas manías ou teimas raras (algunhas das miñas son tan raras que tocan o inconfesable…) atopo de interesante na suxestión reflexionarmos sobre o “contexto” físico do acto de crear. Colgo un pensamento ao respecto no meu blog. Saúdos.