Kindle versus Ipad

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/HGmRKSds9OY" width="740" height="448" wmode="transparent" /]

Aínda que é un anuncio de Amazon, achega moi ben as diferencias entre os libros electrónicos de tinta dixital (como Kindle) das taboíñas electrónicas (como o fermoso e atractivo Ipad). O futuro do libro electrónico dirímese entre estes dous tipos de soportes, sen esquecer a influencia que sobre o segundo poida ter a nova xeración de telefonía móbil (androide ou iphone).

1 comentario
  1. un lector
    un lector Dice:

    En que pode afectar ao desenvolvemento do libro electrónico unha posible loita entre os lectores de tinta electrónica e as tabletas (tipo iPad)? Os formatos que ambos empregan son os mesmos ou, no peor dos casos, similares e convertibles en segundos.

    Os soportes están maduros, e hai tanta variedade que o cliente pode decantarse por dous tipos diferentes de aparello sen que iso condicione adquisicións pasadas ou futuras de libros. BTW, onde se poden adquirir estes libros? Que plans ten o universo editorial para o libro electrónico en galego? Penso que sería ben máis interesante isto ca unha presunta loita de “soportes”.

Los comentarios están desactivados.