Pisa e abandoxado da castaña no Froxán
O sábado volveremos a Froxán á Festa da pisa e do abandoxado da castaña. Alí presentaremos a Fonte de esperante de Xesús Manuel Marcos. É unha das festas tradicionais máis auténticas e emocionantes que coñezo. Quen acorde acudir, non debe esquecer puchos e luvas. Paga verdadeiramente a pena.
Eu estiven un ano de pura casualidade, pasaba por alí… Paseino de medo, andaba por alí o Petróleo das Mareas Vivas e mesmo trouxeron a unha orquesta rusa afincada en Lugo, ¡qué contraste! Tiña un punto Kusturica todo aquilo…
Unha festa tradicional , popular e xente pais , grupos de xente cos seus estrumentos tradicionais , por libre e festa rachada………os meos parabens a organización. Saude e terra.