Sony aposta polo formato EPUB
O que máis me interesa da oferta de libros electrónicos de Sony é a súa aposta decidida polo EPUB, o formato libre que pretende converterse no estándar da edición dixital. Os arquivos que posúen a extensión “.epub” adáptanse e reformatéanse segundo o dispositivo e a pantalla, o que supón un enorme adianto con respecto ao tradicional PDF empregado nas computadoras. Ademais, os libros adquiridos neste formato poden funcionar indistintamente en diferentes lectores (dispositivos de tinta electrónica, teléfonos móbiles, programas de ordenador) a diferencia doutros formatos como Kindle, que só o fan no propio reprodutor de Amazon ou software desenvolvido por eles (como é a aplicación Kindle de iPhone). A aposta de Sony polo EPUB é unha importante noticia para o desenvolvemento do libro electrónico.
Pode atoparse máis informacións sobre as características do formato EPUB nas diversas anotaciónas de Soybits e ediciona ou na web do IDPF.
Actualización (27-08-2009): Proba de que a necesidade de saber manexar este formato respírase no ambiente do mundo da lectura é esta magnífica anotación de hoxe de Marcos Taracido: «Receita caseira para cociñar un EPUB».
Grazas por compartir a información. O formato dixital hai que velo así, coma unha aposta de futuro.
E, se mo permitides, déixovos aquí unha ligazón a outra entrada tamén interesante sobre o formato ePUB, unha achega do blogueiro Cristian Eslava, deseñador gráfico e maquetista entre outras moitas cousas. Coido que ten miolo:
http://ceslava.com/blog/todo-sobre-el-epub-el-mp3-de-los-e-books/
Saúdos!
Obrigado, Beatriz. O artigo de ceslva é moi útil.
Google Books acaba de colocar no dominio público e para a descarga libre 1 millón de libros electrónicos en formato EPUB: http://booksearch.blogspot.com/2009/08/download-over-million-public-domain.html
Si os de google, tiran por ahi, e k vai ser asi. Esos si fan “imperio”