Cambio para Vigo
Hoxe no artigo semanal decidín abrir o debate cidadán sobre a necesidade dunha moción de censura. Touriño e Quintana deben tomar cartas no asunto, se non queren ter aberta unha perigosa vía de auga para o seu goberno.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Felicidades pola valentía da decisión. Na súa benquerida Torre van ter choio dabondo tamén.
O mesmo digo. Podese falar máis alto pero non máis claro. Desde logo o de Vigo é xa un desatriño que ten nefastas consecuencias para todo o país. Agardo que o BNG e o PSdG movan xa ficha.