Morre Anxo Rei Ballesteros
Coñecemos por culturagalega.org outra noticia fatal para as letras galegas: morreu onte o narrador e ensaísta Anxo Rei Ballesteros, o xenial autor de Dos anxos e dos mortos e de Loaira, dúas das máis memorables novelas galegas do século XX. Hai dúas semanas Suso de Toro, tras o derradeiro encontro con Anxo, dedicáballe este fermoso artigo. As nosas maiores condolencias para a súa compañeira e todos os seus amigos da editorial Galaxia, onde publicou a maior parte da súa obra.
Outra desgrazada perda nun mes aciago. Galiza está a sufrir unhas grandes perdas.