Sandiás
Recibo no correo noticia dunha páxina (non oficial) do concello limiao de Sandiás. A recollida de información é moi exhaustiva e rigorosa. Recomendo a lectura das lendas sobre a lagoa de Antela. Encabeza o sitio un texto do poeta irlandés Seamus Heaney, que constitúe unha declaración de resistencia:
As pequenas culturas teñen unha relación complicada co mundo de hoxe en día. É unha situación de Anteo fronte a Hércules: Hércules é a globalización, e Anteo a posibilidade de resistir. O mito dinos que vence Hércules, mais tamén nós di que Anteo segue a resistir.
Parabéns, Xabier!!!
Tes razon coa paxina non oficial de Sandias. E mui boa e completa.
Por que sera que as paxinas “non oficiais” som millores que as oficiais ?.
Saudos.