Exiliados

Exiliados, o especial das Letras 2005 de Culturagalega.org é cousa bonita. O traballo de Manuel Gago e os seus compañeiros é modélico. Xa anuncia Diásporas, a exposición comisariada por Carlos López Bernárdez, que será inaugurada no Marco o vindeiro día 20.
Afortunadamente, unha das mellores cousas das Letras son estes especiais dixitais. Xa sinalara a miña admiración polo de Vieiros. Mais tamén hai unhas cantas páxinas de centros educativos que, a pesar de contar con menos medios, merecen ser salientadas polo seu esforzo; velaí as do IES Monte Carrasco, do IES As Lagoas, da Universidade da Coruña ou a de Edugaliza. Unha cestiña de mazás para cada unha delas.
5 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Caro Manolo, entre os teus links aparece GALICIA CONFIDENCIAL //www.galiciaconfidencial.com . A que editorial ou grupo, ou persoa pertence? Que liña editorial segue? Obrigada

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Pois verdadeiramente non sei quen son. É un auténtico confidencial. Se o vas seguindo, comprobarás que manexan información de fontes claras (ou iso é o que a min me parece). Na crise de Beiras e na conformación das listas dos tres partidos, case acertaron de cheo. Non sabería dicirche outra cousas. Quizais alguén mellor informado ca min.

Los comentarios están desactivados.