O blog de Fidel Castro
Até hoxe non sabía da existencia deste espazo na edición electrónica de Granma, que constitúe o que poderíamos chamar o blog do comandante Fidel Castro (a entrada máis recente é do 27 de xullo). Falando de Fidel non está de máis anunciar que estamos preparando a tradución do seu libro de conversas con Ignacio Ramonet que pretendemos presentar no vindeiro mes de xaneiro na Habana coincidindo coa Feira do libro na que Galicia será o país convidado.
Etiquetas: Fidel_Castro
Interesante, sorte ca traducción pois 🙂 e ca feira, coma non
Moi intersante…
Lástima que non deixe facer comentarios na web.
Parece o Abel Caballero oes…!
Interesante ó do blog de Fidel, mais como agardaba cheo da mesma propaganda barata que o resto de Gramma. Mágoa de xente…
Teño lido o libro do meu admirado Ramonet -son lector asiduo de Le Monde Diplomatique- pero este libro decepcionoume moito; nin unha soa pregunta sobor dos dereitos humanos, nada dos periodistas nas cárceres, nin unha réprica a parvada de resposta sobor dos campos de concetración de homosexuais,…
Non podo evitar o sorriso: ¿feira do libro en Cuba? ¿qué tal se por fin poden voltar os escritores exiliados e publicar o que lles pete? ¿ou que tal se os cubanos poden ler o que lles pete? ¿quén vai ser o próximo organizador dunha feira do libro: China, Irán, Sudán…?
Mágoa que a xente de esquerdas sigamos a deixármonos engaiolar con propostas tan reaccionarias e liberticidas coma o réxime Cubano.