Onte 379: Twitter en galego
A tradución do Twitter en galego é un éxito da comunidade de persoas que empregamos decote o galego nesta rede informativa. Un esforzo teimoso de varios anos no que se viñeron desenvolvendo as máis diversas iniciativas e nas que nestes meses recentes foi decisiva a solicitude promovida dende o perfil Twiter en galego. Non teño dúbida ningunha que o compromiso dos usuarios e usuarias foi o que colocou (xa en 2009) o galego como a vixesimosegunda lingua máis utilizada en Twitter. Porén, como xa sucedeu no caso de Barreras, doe que a Xunta ao fío da precampaña electoral pretenda colocarse unha medalla que non lle corresponde. Beizóns a todas as persoas que utilizan o twitter en galego e aquelas xenerosas voluntarias que agora o están traducindo. Twitter en galego somos todos nós.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir