Unha ducia de novísimos

As páxinas en galego de El Pais estréanse cunha reportaxe sobre “unha ducia de novísimos da literatura galega”. É moi de valorar esta iniciativa (ata agora inédita na nosa prensa analóxica) de facer visible a este grupo xeracional de poetas, narradores e narradoras dispostos a renovar a literatura galega. Unha reportaxe (mágoa que non se publique a magnífica foto que aparece na edición impresa) de lectura recomendable, como, en xeral, o resto das páxinas e dos artigos deste “suplemento cultural” que aparecerá todos os venres. Algo semella que empezamos gañando co esforzo dese profesional coraxudo chamado Félix Monteira.
Etiquetas:
7 comentarios
  1. Depósito
    Depósito Dice:

    Aínda que o ideal sería que todas as páxinas de Galiza do País de todos os días estivesen en galego, é de agradecer este suplemento, que ademais quizais sirva tamén como tirón de orellas, chamada de atención e/ou impulso para que os xornais galegos de maior tiraxe se dean conta do que teñen que facer.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Alégrame ver que a xente da cultura galega se congratule da chega de El País. Alegroume tamén velos a todos na presentación, aínda que tiveron que comerse o marrón de escoitar a Cebrián (grazas pola sinceridade, Juan Luís) dicindo que “xa Alfonso X O Sabio escribía poems en galego pero as leis escribíaas en castellano” (a tradución é miña).

    Sei que foi duro escoitalo para algúns dos que estaban alí, pero bueno, outros prefiren quedar coa anécdota do discurso do delegado en galego e fixarse en que fan a publicidade en galego.

    Si, estou de acordo en que a chegada de El País debe facer espabilar á Voz, sobre todo en temas culturais.

    Polo demais, alegrarse de que veña Polanco agora que a pota do caldo está chea de berzas, de lacón e de bo touciño, paréceme de inxenuos. (E de colonizados, pero iso non o vou dicir en alto)

    Agora que foi aprobada a Lei de Transparencia pregúntenlle a Fernando Salgado e ao seu conselleiro Méndez Romeu (creador da lei) por que non fan públicas as axudas a medios. Que o fagan e verán como lle regalaron ao Sr. Polanco máis de medio millón de euros por aterrar nesta provincia pobre.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    O de Alfonso X O Sabio é certo, por que non se há de dicir?, o que importa é o sentido que se lle pretenda dar a iso. Para min debera servir para comezar a desmitificar a un rei que, apropiándose do prestixio do galego na época, aplicou as primeiras políticas imperialistas que sofreu o noso país. Así que menos reis e máis irmandiños (isto vale tamén para a nova versión do diario da metrópole).

  4. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    A nova etapa de EL PAÍS, co suplemento galego, entre outras cousas, pode ser espléndida. Tal vez perda os seus lectores de sempre, pero gañará outros. O de hoxe luns, día 27 de novembro, é un exemplo de xornalismo do século XXI.
    Un lector (no devoto) de sempre.

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Arume dos Piñeiros:

    El País está facendo xornalismo como se tal cousa nunca se practicara nestas terras húmidas do noroeste.

    Métense co probe de Cacharro na Deputación de Lugo e co alcalde de Cee. Iso é o que se chama xornalismo de altura, si señor.

    E o de que as principais figuras da cultura galega (e referentes sociais da defensa do idioma) escriban en español, é digno de estudo.

    Tamén é certo que temos os soldos máis baixos de España, e iso xustifica que a xente se venda por pouco.

  6. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Eu non estou a falar do suplemento en galicia, senón da concepción moderna do xornal. Pra mín, aínda sería mellor se acurtasen o espazo adicado á política e ampliasen considerablemente sociedade, por exemplo. Tamén levaría a crónica sobre a Igrexa a Xente ou a Pasatempos, pero eso parece un pouco menos doado.

  7. arume dos piñeiros
    arume dos piñeiros Dice:

    Postos a facer crítica atopo excesivo ter a Ramón Chao e Ignacio Ramonet ó mesmmo tempo. Obsolescencia xornalística ou pesadez literaria.

Los comentarios están desactivados.