Ferrín no Tortoni
Recomendo moi vivamente a crónica de Fíos invisibles sobre a tertulia que mantivo Méndez Ferrín no Café Tortoni, coincidindo coa viaxe á Arxentina e Uruguai da conselleira Ánxela Bugallo. Un documento valioso, onde o grande mestre fala de moitas cuestións de actualidade da política galega e da nosa creación literaria.
Grazas pola recomendación. A verdade é que todo o mérito é de Ferrín que tivo a xenerosidade de deixarnos ver toda a sua xenialidade e brillantez e disfrutar delas sen limites. Moi afortunados fumos os que estabamos aí…