Pedras da Memoria
Pedras da Memoria
Coa intención de reivindicar que o Parlamento de Galicia redacte e aprobe unha Lei da Memoria Democratica, que implique o recoñecemento xurídico das vítimas da ditadura, artellada sobre os 13 puntos recollidos no manifesto “Republicando” (o manifesto da “Memoria silenciada”), a Asociación Pola Memoria Histórica do 36 de Vigo organiza o 28 ás 12 horas e nas instalacións da Estación Marítima de Trasatlánticos un acto no que se entregarán as Pedras da Memoria a distintas persoas que se teñen significado polo seu traballo a prol da recuperación da memoria democrática. O acto contará coa presenza da neuróloga danesa Inge Genefke (Copenhague, 1938), fundadora do Consello Internacional para a Rehabilitación das Vítimas da Tortura (IRCT), unha ONG internacional que defende e proporciona tratamento terapéutico, psicolóxico e recuperador ás persoas que foron vítimas de torturas e que posúe oficinas en 100 países e atende e trata a 100.000 persoas cada ano ano. A película La vida secreta de las palabras de Isabel Coixet está inspirada na loita desta muller, que leva máis de 30 anos investigando e loitando contra a tortura.
Actualización (29-10-2006):
- No artigo da semana amplío esta reflexión.
- Información sobre os actos do itinerario lorquiano de Lugo: La Voz de Galicia, El Progreso.
Vaia o meu afecto para todos vós…!!!
ALMIRAL MOUCHEZ
Dicía eu que vaia o meu afecto para todos vós e para tantos como non poderán estar presentes…!!!
(Non se gravou a mensaxe de antes)
ALMIRAL MOUCHEZ
Dicía eu que vaia o meu afecto para todos vós e para tantos como non poderán estar presentes…!!!
(Non se gravou a mensaxe de antes)
ALMIRAL MOUCHEZ
Segundo a crónica do Faro de Vigo hoxe, Abel Caballero, candidato socialista á alcaldía de Vigo, mandou retirar a bandeira republicana, co lóxico cabreo dos asistentes.
Abel Caballero debía respectar unha bandeira que tiña todo o dereito a estar presente nese acto.¡Viva a República!