Chuza.org
/en Blogs/por bretemasParéceme unha iniciativa magnífica a de chuza! Un espazo que se define como
un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor…
Paga a pena que sexan os lectores os que ponderemos a información. Todo un reto concienzudamente deseñado. Beizóns, outra vez para, Berto.
1º Encontro galego-portugués de blos
/en Blogs/por bretemasVía Rogerio anúnciase a convocatoria do 1º Encontro galego-portugués de blos para o vindeiro outubro. Semella unha boa oportunidade para dar a coñecer a vizosa realidade dos 1032 blos galegos (obrigados debemos quedar a Calidonia pola súa esculca e polo seu magnífico radioblog) e establecer un maior contacto cos irmáns blogueiros de alén Miño.
Aniversario de Galicia encantada
/en Internet/por bretemasO pasado ano dabamos noticia da posta en marcha de Galicia encantada, a primeira enciclopedia na rede da fantasía popular en Galicia. Estes días celebra o seu primeiro aniversario. Dende aquela non fixo máis que medrar e incorporar novos contidos, converténdose xa nun dos espazos máis atractivos da rede en galego. Creo que particular interese teñen os espazos dedicados á investigación e á didáctica da fantasía. Outrosí a consulta de toponimia, de lugares da Galicia desparecida e o adicado aos xogos populares. Reitero a miña recomendación a aquelas persoas que aínda non coñezan sitio tan marabilloso.
Beizóns para o traballo de Antonio Reigosa e o equipo técnico!
A ilustración da meiga dos dentes verdes é de Noemí López.
Os merdeiros de Vigo
/en Festas, Vigo/por bretemasU-la túa casa?
/en Blogs, Libro/por bretemasDe que están feitas as palabras?
Recomendo ver devagariño este vídeo-post de Barbol construído só con palabras e música.
Obrigado a Txetxu e a Moebius polo magnífico enlace.
Discreción
/en Blogs/por bretemasMaría: entón, que debo facer eu (non me quero comparar co MHP, madia leva!)?: abandonar a miña profesión ou deixar de escribir as brétemas?
Máis feeds novos
/en Blogs/por bretemasVerderón
/en Historia/por bretemasOnte pasei case todo o día viaxe. Ao mediodía presentamos un libro no vagón dun tren e pola tarde din dúas conferencias consecutivas na cidade guindastre.
A experiencia do tren demostroume que continúa sendo interesante procurar espazos singulares para presentar un libro. A vella locomotora santiaguesa e o coqueto Verderón (noutrora de primeira e terceira, ao tempo), reconvertido en aula de cultura, servíronos para dar a coñecer a epopea dos homes da vía e para reflexionar sobre o papel do tren na promoción da lectura. Os fotógrafos non pararon de tirar e mesmo puxémonos no posto do maquinista (preguntábame cómo se pode parar semellante bicho?).
Na primeira conferencia da tarde coñecín a dous grupos de estudantes do Ciclo Superior de Artes gráficas, moi curiosos e participativos. Sorprendeume que se interesasen tanto polas cuestións tipográficas e de economía editorial.
Na segunda, reuninme cun foro de profesoras do CEFORE para falar de cómo concibía as relacións entre o autor-editor. Comprobei con satisfacción que algúns blogueiros tiñan alí moitos seguidores. Foi un pracer debater de literatura e edición con xente tan ponderada e ben informada, o que non é moi frecuente.
Préstamo 2006/2007
/en Libro de texto/por bretemas- Reposición do 80% dos libros de 1º e 2º E.P., do 5% do resto dos cursos do programa (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 2º de ESO). Ademais do 100% das áreas que cada centro de primaria imparta en galego en 5º (para adaptalos así á nova normativa ortográfica).
- Extensión do programa de gratuidade a 4º de ESO, cun valor estimado por alumno/a de 230 € (26.000 alumnos, seis millóns de euros).
- Estúdase a posibilidade de que o pagamento se realice por medio da partida de “gastos de funcionamento” de cada centro, o que para o vindeiro curso requirirá a autorización dunha modificación de partida orzamentaria. Con todo, este sistema é o que se utilizará a partir de 2007.
- A reposición dos libros será tramitada polas direccións dos centros.
Ambas as dúas medida, poñen máis en cuestión o precario papel da rede de librarías de proximidade, continuando os pasos seguidos por modelos de préstamos europeos, hoxe en aberta crise.
A pesar das boas intencións, expresadas polo presidente da Xunta e da conselleira de educación na reunión que mantivemos o mes pasado, as medidas anunciadas para o vindeiro curso son claramente continuistas con respecto ao modelo anterior do PP. Semella que o seu compromiso de estudar a modificación do modelo de gratuidade e todas as alternativas que se poñan sobre a mesa quedará adiada para o vindeiro curso (2007-2008) cando comezará a implantación dos novos currículums da Reforma Educativa en marcha. Unha medida que, tal como están as cousas, parece realista.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.