Viaxe a Berlanga
/en Cidades/por bretemas
Acompañei a Antón ata Berlanga de Duero. Fixemos mil trescentos quilómetros en pouco máis de vinte e a catro horas para visitar o Centro da Memoria da Cultura Escolar que están montando o catedrático Agustín Escolano e a súa compañeira a profesora Puri Lahoz.
Este vai ser o máis importante museo existente en España sobre manuais escolares non universitarios (aproveitamos a viaxe para achegar varios centos de pezas en galego). Folleamos algúns libros memorables, o que nos produciu unha grande emoción.
Este centro, instalado nunha magnífica casona do século XVI, declarada monumento nacional, pretende constituírse nun centro de documentación audiovisual de referencia internacional sobre a memoria escolar, tanto de docentes como de escolares. Un proxecto moi interesante, que agardamos reciba todos os apoios que merece tamaña proeza.
Na viaxe comprobamos o estado desolador do Monterrei queimado (as lapas chegaron ata a autovía, que semella serviu de cortalumes), que constrataba coas paisaxes luminosas da Ribera, pouco antes da vendima. Coñecimos, tamén fugazmente, San Baudilio (polos seus frescos románicos, chamada a capela sixtina castelá) e, á noitiña, ruamos pola vila de Frei Tomás de Berlanga, o descubridor das illas Galápagos. Non se pode pedir máis para tan pouco tempo.
A industria dos incendios
/en Sociedade/por bretemasGrazas ao Mr. dot chego a esta explicación tan plausible das razóns dos incendios que están arrasando Portugal. Por outra banda, Iván realiza un comentario moi interesante na páxina de Juan Varela sobre o que está sucedendo estes días en Galicia.
A foto que publica Mr.dot é tan desoladora coma o noso estado de ánimo.
Ardemos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemasAsí titulei o artigo da semana. A verdade é que lendo as noticias de hoxe creo que me quedei curto e moi piadoso cos pirómanos.
Revisando nas seccións de opinión, tanto dos medios impresos como dos dixitais, non atopo ningunha outra referencia a este problema. Ardemos e queremos mirar para outro lado?
O libro e o seu soporte
/en Edición, Libro/por bretemasPor certo: lendo no mesmo blog de Barandiarán atopei un traballo de Millán que axudaría moito ao debate que anima jaureguizar sobre a propiedade intelectual na rede.
Quen está detrás das lapas?
/en Sociedade/por bretemasVivín un día obsesionado polos incendios. Pola mañá, moi cediño, mentres escribía o artigo da semana (tituleino “Ardemos”, pretendo interpretar todas as variables desta complexa situación) o zunido dos hidroavións sobre a ría alertoume sobre a magnitude do problema.
Diante da miña ventá comprobei que xa había lumes en Domaio, na aba da Lagoa da Guía ou na propia Madroa. Ao mediodía, camiño de Panxón o panorama da Serra do Galiñeiro era desolador: reaviváranse as frontes de Baíña, Peitieiros e Oia e unha mesta nube negra cubría todo o Val Miñor e a Serra da Grova.
Á noitiña, de volta para Sal, vindo pola autoestrada (alí se poden admirar as máis bonitas vistas de Sal), a situación era aínda moito máis preocupante: á altura do aeroporto de Peinador o incendio de Fornelos tiña unha fronte de lapas que semellaba abranguía varios quilómetros.
En Panxón nunha das terrazas preferidas do paseo, diante duns cafés e duns tés, especulamos con Josito sobre as motivacións destes desapiadados pirómanos e constatamos, por varias chamadas, a enorme precupación do goberno galego sobre a evolución ao longo do día da situación.
Diante de criminosos tan perigosos coma estes chiflados incendiarios (o 85% dos incendios son intencionados), que atentan frontalmente contra o patrimonio natural e contra o noso futuro, a Xustiza (entendo que a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza ) e as Administracións competentes (o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellaría de Medio Rural) debería poñer en claro diante da cidadanía galega cáles son os verdadeiros móbiles destes delincuentes.
Saben os meus amigos que, cando se constituíu o goberno conxunto, comentei en privado que tiña a intuición de que o primeiro problema serio a enfrontar sería a actuación desta vaga de pirómanos incontrolados. Infelizmente, o meu agoiro cumpriuse en toda regra. Quen está detrás destas lapas? Que podemos facer os cidadáns para apagalas de vez?
Novos blos
/en Blogs/por bretemasCon valor
/en Blogs/por bretemasLibrarías soterradas
/en Cidades, Librarías/por bretemasVin poucas librarías independentes (xeralmente técnicas e universitarias), sendo as cadeas como Feltrinelli e Mel books (espazos amplos, cómodos, surtidísimos e, xeralmente, con cafetaría) as que levan o peso do negocio. En case todas elas véndense tamén discos (máis caros que en España, vinte euros os lanzamentos e trece nas series medias). Nas librarías italianas son habituais as promocións, empregando outros produtos como reclamo para a venda de libros.
De volta
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Sociedade/por bretemasDe volta, o primeiro que fago para poñerme ao día é ler os faros atrasados e os bloglines de toda a semana. Atopo algunhas moi boas noticias (sobre todo a do nomeamento de Luis) e outras moi decepcionantes.
No artigo da semana intento chamar a atención sobre a alarmante situación da sinistralidade laboral, un tema do que, a pesar da súa gravidade, se fala moi pouco.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.