Pasado o rebumbio, leo con máis vagar o
artigo de Conte. A grosso modo conclúo que para este crítico tan sesudo os escritores galegos (dende Meendinho a Suso de Toro) son bilingües por definición (como considera prexuiciosamente que o é a sociedade galega), sendo, por tradición máis prolíficos, e interesantes, na lírica ca na narrativa.
O certo é que non paga a pena alporizarse e entrar en grandes debates sobre unha negación tan radical e extravagante (termo co que a cualifica moi acertadamente
Jaure). Enviareille mañá, de agasallo, un volume de cada un dos nosos libros de
literatura. Con seguridade, este bo señor, se pretendese aprobar a selectividade, que se celebrará esta mesma semana, os necesitaría. E, por riba, pontifica coma se soubese. Meus, Deus!