Onte 1131: Entrega do Premio Fernández del Riego

bretemas —  29 de Outubro de 2014 — 1 Comment

54500f154f-20141028-torrado-premios-julio-camba06Emocionoume moito que a miña familia e tantas das miñas amizades me acompañasen onte en Pontevedra no acto de entrega do Premio Fernández del Riego de xornalismo en lingua galega. Na miña intervención (pode descargarse aquí en pdf) expresei palabras de gratitude para os convocantes do certame (Afundación e Ámbito Cultural El Corte Inglés), para os membros do xurado, para Luís Ventoso (gañador do premio Julio Camba) e para Faro de Vigo, o xornal decano que leva máis de trinta anos publicando os meus artigos. Lembrei o compromiso de Don Paco coa defensa da lingua galega e expresei tamén cales foron as miñas intencións cando publiquei «Illa soidade», a pasada Noiteboa. Para rematar propuxen que os xornais con difusión en Galicia aumentasen o espazo en lingua galega e utilizasen o galego cando esa é a empregada polas persoas entrevistadas ou consultadas pola redacción. Un serán que recordarei.

Comparte este artigo:
Facebook Twitter Digg Email

One response to Onte 1131: Entrega do Premio Fernández del Riego

  1. Benquerido Manolo: un merecido premio co nome dun ilustre GALEGO por un marabilloso artigo EN GALEGO, dun defensor do GALEGO e a reseña no xornal en CASTELAN. Unha mágoa isto último.

Deixa unha resposta

Podes utilizar algúns tags HTML para formatear a túa resposta. Preme no seguinte link HTML. <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

*

Canto suman 8 + 6 ?
Please leave these two fields as-is:
Esta pregunta faise porque a maioría dos comentarios veñen de robots. Deste xeito sei si és humano.