Urbanitas

No artigo da semana recomendo a exposición Urbanitas que se inaugurou o venres pasado en Marco. É importante que o museo recoñeza o traballo destes artistas novos que, nalgún caso, xa admirabamos polo seu traballo na rede.
Sobre a exposición hai unha magnífica reportaxe en culturagalega, incluíndo un completo backstage fotográfico sobre a montaxe e produción dalgunha das obras.
Paga a pena coñecer tanto as obras na rede como vivilas no museo.
A foto é de Xosé Manuel Lens.
3 comentarios
  1. Óscar González
    Óscar González Dice:

    Brétemas, eu persoalmente recomendo que vaiamos pola ruas irmadiños e Churrucha e o Casco Vello e vexamos o traballo de Nano, Dr Hofmann nas ruas… iso si que non ten prezo, e vale máis ca mil expos museizadas.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Coñezo ese traballo, vivo nese barrio. Aos autores non creo que lles molestase o recoñecemento que supón a chamada do museo. Estou contigo en que na cidade hai que ter os ollos abertos. A mirada fainos cidadáns.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    oscar, non te enteras de nada, realmente:

    Dr hofman é becario do Musac, e nano traballa cunha galería comercial local, onde vende o seu arte “sen prezo” (bastante baratiño, todo sexa dito)

    A conversa sobre a relación do grafiti con o mercado e o comercio é xa taaaaan rancia como a mixtura estilística desplegada por estos nenos fascinados pola estética ianqui no Marco.

Los comentarios están desactivados.