Hipertextos 003/2019: ano da Táboa Periódica
Moléculas en galego lembra no seu perfil de Twitter que 2019 é o Ano Internacional da Táboa Periódica e que por ventura en galego tamén podemos nomear os elementos químicos. Unha celebración adoptada pola UNESCO con motivo da creación da táboa hai 150 anos por Mendeleiev, cando se coñecían apenas 63 elementos. A dimensión galega do acontecemento foi subliñada por Moléculas en galego, que sortea un exemplar da Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións, e polo xornal El Progreso que lembra que na granxa A Cernada de Palas de Reis, estes elementos cobraron vida, xa que alí hai vacas cos nomes de Magnesia, Rubidia ou Litia. En todo caso, esta celebración científica será ao longo de 2019 outra oportunidade para reivindicar a ciencia na nosa lingua, a pesar de que dende a aprobación do Decreto de Plurilingüismo a materia de Química non pode ser estudada en galego.
Gratitude as fontes: Galipedia, GCiencia, Cascarelo, Moléculas en galego e Praza.