Uso saudable das pantallas na corentena
A Unidade de Psicoloxía do Consumidor e do Usuario da Universidade de Santiago e diversas asociacións de loita contra as adiccións publicaron un decálogo de recomendacións sobre o uso saudable dos dispositivos dixitais e acceso ás redes sociais por parte das persoas adolescentes durante o período de corentena.
O confinamento é unha situación que intensifica o uso de dispositivos dixitais (móbiles, videoxogos, redes sociais…) por parte de todos os membros da familia, o que constitúe unha oportunidade para que na familia de asenten comportamentos do seu uso responsable.
Velaí un decálogo de orientacións para a corentena que poden axudar aos pais e nais nesa tarefa de educación responsable:
- Prediquemos co exemplo, o noso uso responsable dos dispositivos é o primeiro modelo para eles.
- As pantallas son os medios utilizados polas persoas adolescentes para comunicarse co seu mundo. A prohibición do seu uso non é unha estratexia, pero debemos establecer unha hixiene dixital, (normas e límites de utilización), segundo as idades.
- Esta hixiene dixital afecta a todos os membros da familia, tamén ás persoas maiores.
- É boa idea elaborar un horario compartido, no que figure o uso dos dispositivos, o que contribuirá a fomentar a autonomía e responsabilidade de cada membro da familia.
- O respecto a unha cota de intimidade e privacidade de cada membro, como a procura de acordos entre todos, non é incompatible, cando sexa necesario, con dicirlles que «non» aos menores.
- Este tempo na casa é unha oportunidade para reflexionar en familia sobre o uso dos dispositivos, a necesidade de respectar o decálogo da netiqueta e os nosos comportamento da rede, onde non todo vale.
- Procuremos que o seu ocio sexa rico e variado, polo que non está de máis coñecer o contidos dos seus videoxogos e actividades dixitais nas que participan.
- Acompañemos o seu uso das redes e videoxogos, pero evitando a ameaza e os ultimatums.
- Abramos un espazo de confianza onde eles sintan que tamén poden facelo. Con todo, se sospeitamos que algo grave pode estar sucedendo, debemos actuar.
- Consideremos este tempo como unha oportunidade da familia para educar, compartir, facer cousas extraordinarias, expresarse e mesmo equivocarnos.
Texto publicado nos webs do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira.