Poema de hoxe 15: «A chuvia humana» de Ramón Caride
Listado de la etiqueta: #poemadehoxe
Poema de hoxe 12: «Que é Galicia?» de Lois Pereiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela.
Lois Pereiro, poemas 1981/1991 (Positivas, 1992)
Poema de hoxe 11: Haiku de Xabier DoCampo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Poema de hoxe 5: «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo» de Claudio Rodríguez Fer/en Autores, In memoriam, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Escríboche como ti nos escribías
coa materia prima do mañá moi dentro
(…)
Escríboche como ti nos escribías
dispostos sempre a comezar
Claudio Rodríguez Fer, «Compañeiro ancestral Isaac Díaz Pardo», no cuarto cabodano de Isaac.
Poema de hoxe 4: «Proxectos» de Celso Emilio Ferreiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
O meu programa é iste:
proclamar o dereito
á esperanza infundada
i ó imperativo categórico
do porvir imperfecto.
Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova, (Xerais, edición de 2004) no 104 aniversario do seu nacemento.
Poema de hoxe 3: «Teoría do riso» de Antón Patiño/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Onte 1548: Ano #ManuelMaría, ano da poesía
/en 17_de_maio, Autores, Iniciativas, Onte, Poesía, Recurso_didáctico/por bretemasO éxito que obtivo onte a etiqueta #ManuelMaría aventura o do ano dedicado ao poeta chairego. Sei que o ano Manuel María será unha gran celebración colectiva que incrementará o coñecemento e difusión da obra dun dos poetas máis valiosos do nos tempo, ademais de contribuír o fomento da nosa lingua, da protección da nosa paisaxe e patrimonio, como á autoestima e orgullo do noso, valores que defendeu teimoso o Manuel. Xaora, este ano é unha oportunidade para que a poesía ocupe o espazo que perdeu na axenda pública, a utilizada polos medios, as institucións, as redes sociais e entidades cívicas. Sei que ao Manuel lle prestaría seguir o «Poema de hoxe», unha iniciativa que botamos andar co obxectivo de poetizármonos en galego. Imaxinemos que podería suceder se isto se levase a cabo cada día en cada unha das aulas, cada un dos xornais, emisoras, blogs ou perfís de Twitter. O de Manuel María podería ser tamén o ano da poesía galega.
Poema de hoxe 1: «Terra de labradío» de Manuel María/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.