Onte 1228: Máis sobre a Biblioteca de Vigo
O meu amigo Javier Mosquera coméntame outras posibilidades para a nova Biblioteca Pública de Vigo. A primeira o que foi Centro de Informática de Caixanova, situado na rúa López Mora, á altura de Xerais, hoxe case baleiro tras a fusión das caixas, que Abanca puxo en venda. A segunda o grande caserón da vella Aduana, preto do Areal, propiedade do Ministerio de Facenda. Outras dúas ubicacións, como a posible da Metalúrxica, que deberían ser valoradas. Vigo precisa unha gran biblioteca pública que funcione como nodo dunha rede bibliotecaria metropolitana. Insistiremos.