Reconquista popular

No artigo da semana rememoro o carácter popular da festa da Reconquista, que hoxe celebramos en Vigo, ao abeiro das achegas bibliográficas recentes de Eduardo Rolland e Xosé Ramón Barreiro Fernández. A pesar do moito que se ten avanzado no coñecemento e interpretación destes feitos,  continúan existindo zonas de sombra para os historiadores, como é o caso da existencia ou non de Carolo –«ese ancián mariñeiro do Berbés que caeu morto no seu empeño de deitar a machadazos á porta de Gamboa», segundo relata Xosé María Álvarez Blázquez– do que, porén, os investigadores non atopan rastro ningún na documentación. Sexa ou non un mito, na figura dese Carolo ou desoutra Aurora (a heroína que conseguía mobilizar ás mulleres), dous dos protagonistas da escenificación popular da Festa Reconquista realizada onte no Casco Vello, atopamos a estirpe popular do fenómeno fundacional da nosa cidade. Conservar o carácter popular e participativo da Reconquista debería ser o obxectivo primeiro da festa que hoxe celebramos.

Xeitosa reportaxe fotográfica de Sonia Daponte en Xornal de Galicia.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] This post was mentioned on Twitter by Manuel Bragado, Carlos Macías. Carlos Macías said: RT @bretemas: «Reconquista popular», artigo da semana en «Faro de Vigo» http://bretemas.blogaliza.org/2010/03/29/reconquista-popular/ […]

Los comentarios están desactivados.