Onte 922: Carlos Núñez co pergamiño Vindel
Camiñando polas Avenidas atopamos onte a Carlos Núñez. sobre quen Faro publicaba una longa reportaxe sobre a súa xira nos Estados Unidos. Non puiden evitar preguntarlle sobre a experiencia de ter consultado o Pergamiño Vindel, a alfaia das cantigas de Martin Codax do que este ano celebramos o centenario do seu descubrimento. Contounos que está gardado nunha cámara acoirazada e soterrada da Pierpont Morgan Library en Manhattan, sen formar, polo tanto, parte das pezas expostas ao público. Confesounos a súa emoción ao poder consúltalo, “saltáronme as bágoas“, e a súa sorpresa polo seu tamaño, máis grande do que agardaba, e pola súa textura rugosa, onde se poden identificar as diversas modificacións dos copistas. Carlos contounos a experiencia emocionado, mais tamén decepcionado coas institucións culturais do país noso incapaces de poner a disposición da cidadanía galega esta primeira peza do seu patrimonio literario e musical cando se cumpren cen anos da súa descuberta. Un síntoma do grave desleixo cultural institucional no que vivimos. Chama a atención que estes días se inaugurase na Cidade da Cultura o que semella unha interesante e custosa exposición, Auga doce, da que prefiro descoñecer os custes de produción. Bo sería saber cales son os criterios de programación utilizados polos responsables das nosas institucións culturais.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir