Onte 92: O discurso dos abrazos de Agustín en Guadalajara

Grazas á paciencia e oportunidade do xornalista Xulio Abollo contamos, por fortuna, con esta gravación realizada o pasado 29 de novembro na FIl de Guadalajara cun teléfono móbil do discurso de recepción de Agustín Fernández Paz do Premio Iberoamericano SM. Un documento excepcional que pasará a historia literaria nosa, probablemente, como o «Discurso dos abrazos« de Agustín Fernández Paz. Recomendo seguir atentamente estes doce minutos maxistrais nos que o autor de Fantasmas de luz, apoiándose nalgúns dos seus autores máis queridos (Valente, Rodari, Cunqueiro, Auster, García Márquez, Gaarder…) aborda con enorme lucidez as cuestións fulcrais da creación literaria e do proceso social da lectura. Unha peza que vale o seu peso en ouro.

O texto do discurso pode baixarse en pdf aquí.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] (pódese baixar en pdf ao final desta ligazón) quer a escoitalo nesta gravación que recollo vía brétemas. De novo a miña gratitude a Agustín Fernández Paz por estas palabras, outra vez, […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Ler para transformar o mundo, discurso de Agustín Fernández Paz na FIL de Guadalajara | Caderno da crítica Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *