Onte 87: Euforia en Culturgal

Foi un día de euforia en Culturgal. Un río de xente encheu o grande corredor durante toda a tarde; un público familiar desbordou as actividades do cuarto dos nenos e do garaxe. Outrosí sucedeu cos varios centos de persoas que seguiron no salón a conversa memorable entre Manuel Jabois e Manuel Rivas, na que ambos os dous grandes xornalistas literarios exploraron os espazos das preguntas entre o visible e o invisible. Se non abondase, despois, un José Luís Cuerda simpatiquísimo adiantou como primicía tres minutos da copia de traballo da película que está preparando sobre Todo é silencio. Nun alarde de sinceridade o director manchego confesoulle a un incisivo Jabois que «unha palabra de poeta vale máis ca mil imaxes». Logo, recuncou Jabois conversando con Domingo Villar, outro dos narradores galegos máis queridos polo público. Dúas horas antes Berrogüetto dera un concerto sorpresa. Á noite, en casa e cunha catarreira do demo, revisei de vagariño twitter e comprobei que a euforia non era só cousa miña. Expositores, participantes nas actividades e visitantes expresaban de forma unánime a súa satisfacción. Culturgal, nesta súa cuarta edición, consolídase. A cultura galega, a pesar da crise, ten forza e futuro, reivindícase. Hoxe máis.

2 comentarios
  1. voz en off
    voz en off Dice:

    A min tamén me encantou, era a primeira vez que ía e fascinoume. Se cadra Galicia necesita un pequeno espazo estable así. A política cultural de Pontevedra é para ter moi en conta: o salón do libro infantil, o Culturgal e a Semana da Filosofía ? fan de Pontevedra a Cidade das Ideas e dos Soños do século XXI.

    Responder

Trackbacks y pingbacks

  1. […] Valoración do Culturgal 2011. Máis repercusións desde Galicia Hoxe, La Voz de Galicia ou Manuel Bragado. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Satisfacción polo Culturgal 2011 | ::Axenda cultural AELG:: Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *