Onte 644: O portal das palabras
Foi unha beizón que o Seminario de Lexicografía da Academia Galega, en colaboración coa Fundación Barrié, inaugurase o Portal das palabras. Pareceume unha marabilla, sobre todo polas súas enormes posibilidades de aproveitamento didáctico. Gustei do deseño da ferramenta, non só pola claridade do grafismo web, tamén polo emprego das utilidades hipertextuais e multimodais, esenciais nun libro dixital en liña. Benvida, tamén, a nova versión do Dicionario normativo da RAG, que acada as 50.000 entradas e novas e importantes utilidades de consulta, así como a súa versión para Android. Pasos decisivos (históricos) no proxecto de modernización do traballo lexicográfico da Academia, un dos proxectos principais da presidencia de X.L. Méndez Ferrín. Parabéns á Academia por este chimpo de xigante a prol do florecer da lingua galega.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir