Onte 425: Fausto Galdo

O doutor Fausto Galdo morreu unhas horas antes de que rematase a encadernación do seu Abecedario das mantenzas, o extraordinario e fermoso libro no que compilou con elevadas doses de humor e erudición boa parte do seu amplísimo coñecemento da cultura gastronómica de noso. Por ventura, a pasada semana aínda tivo a satisfacción de ter nas súas mans o miolo impreso da obra, o que nós chamamos “capillas”, recén saído do prelo. Hai poucos días preparabamos para finais deste mes de novembro a presentación do libro na Coruña e nas súas terras nativas de Viveiro, as dúas cidades que tanto amou. Xeneroso, entusiasta, agarimeiro, simpático, cultísimo, galeguista de raíz, sempre didáctico, Fausto Galdo pertenceu a esa xeración coruñesa de médicos humanistas que tanto admiramos. Onte foi grande o noso pesar polo seu pasamento. Con todos os abrazos para a súa compañeira Fernanda e para todos os seus.”Voso e da terra” foi a súa despedida preferida.

Retrato de Xurxo Lobato.

2 comentarios
  1. Baiuca
    Baiuca Dice:

    Espléndido comentario, Sr. Bragado.
    Coñecino persoalmente. Tratou á miña nai, a meu sogro, a miña dona, a min próprio.Galego falante na sua consulta en toda a ocasión. A dita consulta era pura galeguidade. Na sua mesa de traballo, unha única bandeira, a galega, de gran tamaño e magnífico bordado. E Viveiro por toda a parte: fotos antigas, xarras, cerámicas de Sargadelos, cartografía antiga, cartazes antigos e modernos…:todo Viveiro. Xa podian, xa, sentírense os viveirenses orgullosos ao entraren alí.
    Afável sempre, gran conversador, transmisor de optimismo ao doente, competentísimo, culto…
    Empregando terminoloxia tan sua, foi noso e da irredenta Terra. Que ésta lle sexa leve

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a Baiuca Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará