Onte 414: Palabras de auga
Tanto Agustín Fernández Paz como Marcos Calveiro, o autor de Palabras de auga, lembraron ao comezo da súas intervencións de presentación do Premio Merlín 2012 en Vigo, aos 70 náufragos de Alborán. Para Agustín esta traxedia é outra mostra máis da imaxe que temos de África como terra incógnita, un continente perdido do que descoñecemos case todo da súa realidade e da súa cultura, apenas coas excepcións de noticias puntuais coma as traxedias das pateiras, dunha seca e fame terribles, de guerras silenciosas ou dos desprazamentos masivos da poboación. Un continente que continúa sometido ao expolio dos seus recursos naturais, outro froito da pegada dun colonialismo europeo que nunca deixou de existir. Marcos tamén comezou as súas palabras referíndose aos «55 que tiveron a morte salgada fronte a eles, os quince que morreron (entre eles nove bebés) e os corenta que quedaron baixo a xurisdición marroquina». Despois leu un relato inédito protagonizado tamén por Amadou, o adolescente da tribo Kimba que enfía as páxinas d’ As palabras de auga. A da familia de Amadou é unha historia terrible, durísima, semellante á que viviron onte os inmigrantes que perderon a vida e a esperanza das súas familias no mar de Alborán. Palabras de auga.
Non comentas nada sobre que gran parte -por non dicir moita- do roubo ao que están sometidos moitos cidadáns de África se deben aos seus propios dirixentes son uns corruptos e ladróns.
falta un “que” entre dirixentes e son.