Onte 30: Quedamos sen país

Mentres traballaba no envío dos convites da Cea das Letras do vindeiro 22 de outubro, na que se coñecerá o ditame dos Premios da Crítica Galicia 2011, souben da absorción do Pastor polo Banco Popular. Quedamos, así, sen o primeiro banco fundado en Galicia e sen a derredeira peza de política financeira coa que contaba o país. O aforro e o esforzo dos galegos foise ao garete nunha semana. A alarma saltou decontado. Como sucedeu tras a liquidación das caixas (onte saíu publicado na edición impresa de Faro de Vigo o meu artigo da semana), será tamén a obra social e cultural do Banco Pastor, artellada na Fundación Barrié, quen se verá máis afectada. As consecuencias para a culturaga galega agora son impredicibles, mesmo poden chegar a ser enormes, xa que a Barrié é a entidade que achega os fondos principais dalgúns proxectos fulcrais para a posta en valor do noso Patrimonio, dende a a restauración do Pórtico da Gloria, á recuperación do Cancioneiro Popular Galego, pasando pola colección de «Clásicos» e a nova edición do Dicionario da Lingua Galega da Real Academia Galega, entidade coa que a fundación asinou un protocolo de colaboración co seu Seminario de Lexicografía. Sen falar das bolsas da Barrié para a formación de estudantes no estranxeiro, no apoio á investigación ou nos servizos sociais a dependentes. Cun entorno tan desfavorable, é difícil ser optimistas. Sen instrumentos financeiros ao servizo dos intereses xerais de Galicia, sen compromisos políticos para desenvolver o autogoberno, sen alento e sen agarimo institucional ningún para defender a lingua e a cultura de noso, Galicia perde o seu fol, camiño de se converter na simpática e «entrañable» rexión do novo presidente Rajoy, onde se come de marabilla, onde vai un «fresquito» de verán, onde a xente non sabe se sobe ou baixa ou onde sempre chove (a pesar destes sufocos de outono). Algo terá que dicir Alberto Núñez Feijóo, en apenas dous anos na Xunta, quedamos sen país.

5 comentarios
  1. Luis
    Luis Dice:

    Primeiro, a deuda de NCG está a piques de ser declarada bono lixo pola axencias estadounidenses; o Banco Pastor non chegou a pasar os tests de estrés europeos. A primeira, por ser unha Caixa, e controlada polas esferas políticas, non se rexeu por decisións económicas para facer viable a Caixa no seu día, senón por decisión puramente política, amén de meter nos consellos de administración amigiños de toda índole porque un ten un furabolos maníaco-compulsivo cos favoritismos e os clientelismo político.
    O caso do Banco Pastor é aínda máis patético; porque sendo unha entidade privada, podería terse arredado de controis externos e xestionar correctamente. Pero non tiveron vontade de modernización, de crear un banco profesional e de futuro. Limitáronse a basearse nun negocio oco no plana intelectual coma o ladrillo.
    Desde o meu punto de vista hai que deixar de chorar tanto pola ruína do país, do mesquiños que os de fóra porque compran todo o noso. Perdóeme, non é persoal. Isto non o digo contra vostede. Pero hai certo derrotismo social, sobre todo en Galicia. Cheo de choromicas que non deixan de queixarse do que perdemos, pero non moven o cu para construír de novo un tecido industrial propio. Se non nos espelimos pronto, a mocidade formada, os que fomos lonxe para volver e facer país, traballando a reo, creando e innovando, abrindo ás portas aos de fóra, en vez de pechalas, entón si, seremos quen de darlle a volta a tortilla, e incluso, fíxese vostede, ser un referente económico, onde volvan os que marcharon, atraia emigrantes e fiquen nenos e mozos para traballar.
    Pero para todo iso, hai que mudar ese sentimento fatalista, e traballar.

    Un saúdo

    Responder
  2. Fernando
    Fernando Dice:

    Non fago outra cousa que agardar unha convocatoria para crear un grupo financieiro galego ou algo que se lle pareza. En canto se poñan ó carro os INDITEX, PESCANOVA, JOVE, GADISA, …e moitos dos que cómen aquí pero teñen o peto fóra; entón Luís iremos mitos detrás coa nosa libretiña da defunta caixa e seguirémolos.

    Responder

Trackbacks y pingbacks

  1. […] artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da absorción do Banco Pastor e da desfeita das caixas, denuncio a situación na que queda a Obra Social da que foron as […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a register domain name Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *