Onte 269: O Celta co galego
Balaídos fala galego dende hai décadas. O serán do ascenso foi outra manifestación da lealtade e respecto do Celta co noso idioma, xa que a lingua galega foi a vehicular na festa do ascenso. A cartelaría e sinalética, as intervencións do animador, dos membros de «A Roda» e do resto dos grupos musicais, foi todo en galego. Outrosí sucedeu coas entrevistas da maioría dos xogadores galegos na TVG ou a presenza de bandeiras galegas no campo, mostras de que o noso equipo ten raíces moi ben chantadas na terra. Este Celta galego é unha fachenda para todos.
Eu teño interese neste tema hai algún tempo. Eu fun procura-lo por un par de horas e atopou o seu post para ser moi interesante. Cheers.
Iso todo está moi ben e é louvábel. Demais están os cánticos dos xogadores en Praza América.
É pena que algúns xogadores galegos do Celta non amosen ese respecto cara á lingua propia de Galicia: cando a TVG lles fai as preguntas en galego, eles contestan en castelán. A ver se se enteran, eses, de que tamén temos unha lingua de primeira!