Onte 246: Estranxeiros na súa terra

Ten moita razón Xabier DoCampo cando di que non damos abandonada a situación aquela da Penélope do chairego Xosé Díaz Castro: «Un paso adiante i outro atrás, Galiza, / i a tea ds teus soños non se move». O día no que o concello de Lugo aprobou por unanimidade unha magnífica ordenanza de uso do galego, soubemos pola denuncia do Diario da Liberdade que os nosos dicionarios nun dos centros de El Corte Inglés da Coruña ocupan o espazo das «Lenguas extranjeras». A ordenanza lucense é un importante paso adiante, tanto por artellar un amplo espazo de consenso social arredor do emprego do galego, como polo que supón de modelo, sobre todo no que atinxe ao compromiso de contar cun Gabinete de Normalización Lingüística. Porén, a ubicación inadecuada dos nosos dicionarios no centro comercial coruñés, é un doloroso paso atrás, máis aínda cando sabemos que noutros centros galegos de ECI o libro galego, incluídos os dicionarios, recibe un tratamento profesional e, mesmo agarimeiro, por parte dos responsables e dos profesionais do departamento de Libraría. Indígname e magóame comprobar que o libro e a lingua galega sexan tratados como «estranxeiros na súa terra». Agardo que os responsables de ECI coruñés retifiquen na «Semana das Letras Galegas».

8 comentarios
  1. Maeloc
    Maeloc Dice:

    O do Corte Inglés da Coruña dá verdadeiro noxo e ata revolve as tripas. Un servidor deixou de ir por alí hai tempo. Había un encargado da libraría (non sei se segue) cousa fina. Non era galego nin polo forro e parecía un alto cargo da Real Audencia del Reino de Galicia, creada polos chamados “Reyes Católicos” para domar Galicia; o tío, que máis ca un encargado, semellaba un capataz da peor ralea, tiraba “pa atrás”. Porén, a libraría do Corte Inglés de Vigo é totalmente diferente; teño estado moi a gusto durante máis dunha hora folleando alí libros feitos por y para Galicia ben sabedeiros e xeitosos.

    Responder
  2. Maeloc
    Maeloc Dice:

    Ana, eu diría máis ben La Curuña. Moitas veces penso que o rexeitamento, o desleixo e mesmo o desprezo polo galego e Galicia que amosa unha boa (en realidade mala) parte da poboación curuñesa obedece ao feito de terse instalado alí definitivamente a devandita Real Audiencia del Reino de Galicia, composta case en exclusiva por altos funcionarios e altos cab… que viñeron en gran número para controlarnos e fastidiarnos de alén Pedrafita.

    Responder
  3. Carlos
    Carlos Dice:

    Mirade: se vos tomades o traballo de mirar o elenco de funcionarios da Real Audiencia do Reino de Galicia nos séculos XVI a XVIII poderedes comprobar que máis dun tercio deles eran galegos e/ou de orixe galega (títulos, propiedades, educados en). Se queredes entender históricamente o problema de A Coruña (mesmo hoxe en día) haberá que falar menos de “cab… que viñeron de alén Pedrafita” e máis de “auto-odio” ou de medrar a costa de renunciar á identidade propia.

    Responder
  4. Maeloc
    Maeloc Dice:

    Un terzo é só un terzo e os galegos facían maiormente de pinches no cociñadoiro de control que os “Reyes Católicos” instalaron en Galicia. Verbo da procedencia social e cultural dos Governadores ou Capitáns Xenerales: “hasta 1809 los capitanes generales se reclutan entre lo más selecto de la nobleza española. Todos ellos tienen títulos nobiliarios o encomiendas, señorías, episcopados… Hay príncipes (483), dos [sic] infantes (484), duques, etc. Apenas se contabilizan 5 gallegos en todo este período, presumiblemente por las mismas razones por las que se preferían los foráneos para formar parte de la Audiencia”, o historiador Xosé Ramón Barreiro dixit. Verbo do “auto-odio” e o desexo de querer medrar a costa da renuncia á identidade propia habelos hainos, pero non máis que noutros pobos que foron conveniente e sutilmente presionados para que así fose.
    En canto aos “cab… que viñeron de alén Pedrafita” os seus apelidos aínda se manteñen na Coruña, o que non quere dicir, ¡Deus me libre!, que os seus decendentes, Carlos, sexan tamén uns “cab…”, pois poden ser, non podería ser doutro xeito, unhas excelentísimas persoas.

    Responder
  5. AC
    AC Dice:

    Pois non sei, a miña familia e de xeracions da Coruña e sempre falaban entre eles en galego.Que se fala castelan? si. Que se fala Galego? tamen. Pero non demonizar a os coruñenes que logo nos queixamos dos “localismos tontos”, por que en Vigo, tamen se fala bastante o castelan

    Responder
  6. Maeloc
    Maeloc Dice:

    Ao peor a libraría do Corte Inglés (mira que lle estou a facer propaganda) de Vigo ten moitos máis libros en galego que a da Coruña e profesionais dun perfil máis agarimeiro, porque os responsables do ECI, os moi cucos, saben que teñen máis público na cidade olívica, mais oxalá me equivoque. Un saúdo para todos os coruñeses bos e xenerosos, que son moitos, aínda que non falen galego, e prometo, “por estas”, non facer máis comentarios sobre este tema.

    Responder
  7. gakjsauw
    gakjsauw Dice:

    Brétemas » Onte 246: Estranxeiros na súa terra I was recommended this website by my cousin. I’m not sure whether this post is written by him as no one else know such detailed about my trouble. You are incredible! Thanks! your article about Brétemas » Onte 246: Estranxeiros na súa terraBest Regards Cindy

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *