Onte 2027: Lirio do Xurés
Entre os descubrimentos da nosa visita á Serra do Xurés o que máis me impactou foi a beleza do lirio do Xurés ou lirio do monte (Iris boissirei), un endemismo deste espazo natural, do que hai algunhas testemuñas tamén no Monte Pindo. Desque vin unha fotografía desta planta na visita o centro de interpretación da flora do Parque Natural do Xurés na porta de Lobios non teño dúbida que debería constituír a insignia desta Reserva da Biosfera Transfroiteriza. Planta bulbosa, considerada especie ameazada, ten a singularidade de que cada talo fica rematado nunha soa flor de cor violácea, con divisións externas cunha flor central amarela e pelos tamén desta cor. Unha marabilla, unha beleza.
Lirio do Xurés é tamén o nome dunha asociación sen ánimo de lucro nacida coa intención de dinamizar e impulsar a comarca do Xurés dende os principios de conservación da súa cultura e natureza. Organiza actividades como rotas fotográficas e de ecotursimo que axudan a coñecer, dinamizar e a pór en valor un territorio esquecido do mundo rural que como a flor do lirio do Xurés constitúe outro tesouro galego agochado.
Lirio do Xurés, unha marca con futuro.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir