Onte 1991: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust» de Iria Misa
Viaxamos onte a Baiona para acompañar a Iria Misa na presentación da súa terceira novela, Mamá, quero ser Ziggy Stardust, xunto a Alba Barreiro, ilustradora do libro. O pub Bidendum quedou pequeno para acoller a máis dun cento de persoas que seguiron a conversa da autora e da ilustradora con Cristina Palacios, presidenta da Arelas (Asociación de familias de menores Trans*), sobre o que é a primeira novela infantil en galego que aborda esta realidade, narrada por Thomas, o inseparable amigo imaxinario de Aine. Un serán no que estivo presente a figura e a música de David Bowie na antoloxía de temas interpretados polo dúo formado por Starman e China Girl. Unha tarde na que moito se gabou a rebeldía da figura de Bowie, e os seus diversos heterónimos artísticos, unha figura icónica que quixo mudar o mundo por medio da música, mais sen esquecer a todas aquelas persoas que, a pesar das dificultades e das violencias explícitas ou agochadas, son como eles queren ser.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir