Onte 1739: Memoria dos fusilamentos do 27 de agosto

Fusilamentos_27_agosto_Evaristo_Pereira

Moito agradezo ao meu amigo o ilustrador Evaristo Pereira o seu esforzo para que o oitenta aniversario dos fusilamentos de Pereiró non pasase desapercibido en Vigo. A súa estremecedora ilustración elexiaca, os textos que publicou Faro de Vigo e o magnífico e deatalladísimo artigo de Xoán Carlos Abad, presidente do Instituto de Estudios Vigueses, reconstruíron o relato dunha ignominia que aínda non foi reparada. Alédome, tamén, que como ven sucedendo nos últimos anos, as autoridades do concello de Vigo participasen nos actos de homenaxe aos mártires de Pereiró, abrindo así unha fenda no muro de silencio sobre o sucedido na mencer do 27 de agosto de 1936. Só o coñecemento da verdade poderá pechar un dos capítulos máis negros da represión fascista en Vigo.

1 comentario
  1. ramon gallego
    ramon gallego Dice:

    arrepiame o artígo, e máis o da ligazón co de Faro de Vigo, tendo en conta que o meu pai rispou polos pelos destes “xusticeiros” dos días pasadios ó dezaoito de xulo do 36, do que fixo o 26-8-16 oitenta anos.
    Oitenta anos despois
    No verán daquel ano 1936, a República Española; nun Pasaporte para unha soa viaxe dá o testemuño da cualidade de español de orixe e da profesión de labrego… que a finalidade da devandita viaxe é traballar… O Alcalde Presidente do Concello de Taboada; que o veciño deste termino municipal non amosa doenzas físicas ou mentais que mingüen a súa capacidade para o traballo, nen a persoa exerceu a mendicidade e mesmamente ten boa conduta… O secretario accidental do Xulgado de Paz; que o comparecente é persoa de orde e non estivo os últimos cinco anos baixo acción da Xustiza, ou foi á cadea por delitos infamantes… O doutor; que o interfecto non padece enfermidades infectocontaxiosas e ten boa saúde… O Tenente do posto a Garda Civil, por delegación do Comandante Militar, dá o visto bo pra o embarque… O Consulado Arxentino de Vilagarcía de Arousa certifica o libre desembarco no porto de Bos Aires.
    Todos eles, ben o saber, ou non, permitiron con legalidade ou lexitimidade ao home vítima do alzamento fascista como os outros aos que lle roubaren a liberdade ou mesmamente a vida, achou nesa eiva a carraxe pra fuxir na procura que inda non lle rouben a súa. Aboiando canto do medo á saudade percorrer o camiño ao exilio e abordar o 26 do mes de festas, no ferruxento peirao vilagarcián unha embarcación portuguesa cara á Arxentina. Dese xeito rispou das gadoupas dos esbirros falanxistas e gardas civís que andaban a bater na súa pescuda, dende os arrabaldes da cidade Lucense ata polas bisbarras de Taboada e Chantada, dende os finais de xullo.
    Hoxe ben cedo mergulleime no idoso recendo dunha caixa de arquivo no ronsel dos papeis arxentinos, botando unha ollada aos documentos que aquel emigrante, axiña contra a súa vontade, fai xa oitenta anos levounos canda el no peto.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa una resposta a ramon gallego Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *