Onte 1499: 13N, día das librarías
O vindeiro venres, 13 de novembro, CEGAL e a Federación de Librarías de Galicia promoven o Día das librarías, unha nova festa do libro, que chega a súa quinta edición, coa que se pretende facer máis visible o libro no espazo público e privilexiar a súa adquisición na libraría. Con este motivo haberá en todas as librarías de España un desconto do 5 %, presentacións e outras actividades de animación, así como unha iniciativa en Twitter, #libreriasmolonas, promovida coas mesmas intencións, neste caso polo Observatorio de Lectura e do Libro. Unha proposta que convida aos lectores e lectoras a compartir o coñecemento daquelas librarías que cadaquén considera «molonas».
Xaora, no día anterior celebrarase en Compostela o XII Simposio O libro e a lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores, que nesta edición abordará de forma monográfica o futuro das feiras do libro de Galicia. Semana da libraría que comezará para nós hoxe cun xantar organizado por Xerais no que Manuel Rivas falará a trinta libreiros e librerias galegas d’ O último día de Terranova, a novela que chegará ás librarías o xoves, 26 de novembro, e será presentada ese mesmo día na Libraría Lume da Coruña. A libraría e as libreiras protagonistas.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir