Onte 1342: Laiovento e Murado pedróns
A editorial Laiovento e o escritor Miguel Anxo Murado recibiron onte na Casa de Rosalía os pedróns de ouro e de honra. Dous xustos recoñecementos para persoas que levan servindo coas palabras a causa de Galicia e da súa lingua. O Pedrón de ouro para Laiovento supón parabenizar un proxecto editorial nacionalista que nos últimos vinte e cinco anos publicou un catálogo de 400 títulos en galego, con especial énfase nos eidos do ensaio literario, o pensamento contemporáneo e a edición académica sobre temas galegos. Laiovento é unha peza indispensable para entender o proxecto colectivo da edición galega durante o período autonómico e a construción nacional de Galicia dende o sectores da edición e da cultura. O Pedrón de honra outorgado a Miguel Anxo Murado abeizoa a un escritor galego cosmopolita, referente da xeración de narradores da fin de século e autor dalgunhas das mellores páxinas publicadas en galego durante as tres últimas décadas. As miñas beizóns para Afonso Ribas, fundador e editor actual de Laiovento, e para Miguel Anxo Murado por tan merecidos pedróns.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir