Onte 1313: Picasso comiqueiro
Na magnífica exposición O primeiro Picasso, instalada no Museo de Belas Artes da Coruña, paga moito deterse no espazo dedicado aos primeiros xornais editados na Coruña polo xenio malagueño cando apenas contada con doce anos. Refírome a Azul y Blanco e La Coruña, publicacións gráficas manuscritas das que se conservan cinco orixinais, e La Torre de Hercúles, da que só hai referencia documentada. Publicacións dun Picasso comiqueiro capaz de mesturar caricaturas e textos breves (ao xeito de telegramas) coa intención de documentar e criticar a vida social daquela Coruña cultural e politicamente efervescente durante os tres anos e medio da súa estancia (entre 1891 e 1895), así como algunha anécdota persoal sen transcedencia. Chama a atención a sutil ironía utilizada polo xove Picasso coruñés, mesmo próxima ao espírito retranqueiro galego, coma a súa habilidade para combinar imaxe e texto, anticipando así unha certa narrativa debuxada. Un Picasso comiqueiro por descubrir nunha exposición cun enfoque didáctico novidoso, moi interesante.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir