Onte 1311: Asemblea de editores
Tivemos onte asemblea da Asociación Galega de Editores para debater cun pouco devagar a difícil situación do sector do libro e a lectura en Galicia. Tres foron as principais cuestións abordadas. A primeira, o modelo de compra de novidades editoriais en lingua galega para bibliotecas públicas, cuxa dotación diminuíu dende 2008 nun 72 % e cuxo sistema discrecional de adxudicación privilexia os xéneros máis demandados, deixando fóra á maior parte dos títulos de ensaio e poesía por «non ser considerados prioritarios». A segunda, as dificultades de visibilidade para o libro galego e a redución alarmante dos seus puntos de venda, ás que non son alleas nin a crise profunda do sector da libraría nin o modelo actual de feiras de libro, que precisa de moi profundas mudanzas. E a terceira, a reflexión sobre a propia situación da asociación de editores e a súa estratexia de alianzas e acordos intersectoriais para facerlle fronte unha situación crítica para o mercado interior do libro en Galicia. Foi unha asemblea esperanzadora para o noso sector.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir