Onte 1260: Festival da Biosfera
Pareceume magnífico o Festival da Biosfera, un evento científico, social e artístico arredor da cultura da auga e dos bosques, que se fará na cidade de Lugo do 14 ao 29 de marzo. Dúas ducias de actividades para celebrar o día da poesía e o día internacional dos bosques (ambos o 21 de marzo), e o día mundial da auga (o 22 de marzo). Unha reunión de científicos, artistas e activistas que dende unha perspectiva transversal pretenden pór en valor, preservar e difundir a enorme riqueza da cultura da agua. Entre as as actividades deste singular festival están presentacións de libros (entre elas a d’ O Miño. Un caudal de historia), conferencias (como a de Joaquín Araújo), exposicións (como a de «Peixes, pescadores e pesqueiras»), animación («A Barca dos Contos» de Anxo Moure) ou visitas a espazos de interese dirixidas a públicos diversos. Parabéns á Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, que financia o programa, e a Ouvirmos, responsable da magnífica idea e da súa produción.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir